7.500 litros de cervexa regarán o Outubrofest a partir deste xoves
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Volven as salchichas xigantes e a cervexa de calidade á festa Outubrofest, que chega xa á súa sexta edición baixo a organización do Pontevedra Rugby Club. O xoves 30 inaugurarase a carpa na Praza do Teucro e durante catro días permanecerá aberta en horario de 12.00 a 00.00 horas.
Este mediodía presentouse no Concello a proposta para este ano a través da concelleira de Festas, Carme da Silva e dos representantes do Pontevedra Rugby Club, Félix Álvarez e Víctor Fernández, que sinalaron que está prevista a venda de 7.500 litros de cervexa durante as catro xornadas e 11.000 salchichas seguindo a liña de incremento anual das cifras que se manexan neste evento.
Os prezos manteranse igual que en 2013, coa cervexa loura a 3,50 a pinta e a 6 euros o litro. A torrada, pola súa banda, ofrecerase a 4 e 7 euros. Uns prezos que, segundo sinalou Félix Álvarez, non supoñen unha competencia desleal co resto da hostalaría que mesmo, indicou, agradecen esta cita porque permite un movemento de actividade entre os locais da zona.
Entre as novidades deste ano, os organizadores destacan que se ofrecerá unha variedade da salchicha xermana currywurst, ademais da típica torta alemá de améndoa. Por outra banda, entregarase por primeira vez o galardón 'Máis que rugby' ao club que consideren que realizase un labor máis importante co deporte basee. Nesta ocasión será para a Escola de Fútbol Portero 2000, que se levará un trofeo e unha salchicha de tres metros de longo.
O presuposto do evento supera os 23.000 euros e ao redor dun 30% do que se obteña permitirá ao club de rugby pontevedrés seguir realizando as súas actividades ao longo do ano.
Relacionadas:
-
O 29 de outubro volve o Outubrofest, unha festa popular que Pontevedra xa "fixo súa"
Por Redacción |
-
A Outubrofest bota o peche cun novo éxito colleitado
Por Diego Torrado |
-
A VI Outubrofest levanta o pano na Praza do Teucro
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A VI Outubrofest ocupará a Praza do Teucro a partir do xoves 30 de outubro
Por Redacción |
-
Case 7.000 litros de cervexa e 6.800 salchichas, exitoso balance da V Outubrofest
Por Diego Espiño |