Arte para reflexionar sobre a violencia machista
Por Redacción
Cuns lazos vermellos que simbolizaban unha unión baseada no amor, pero tamén como esta pode rematar converténdose nunha traxedia, a titulada en Belas Artes Eva Casais tratou de promover unha reflexión sobre a pasividade social ante a violencia de xénero entre aquelas persoas que puideron contemplar a performance que levou a cabo, xunto con Manuel Mata, na Peregrina.
Esta céntrica praza pontevedresa foi este venres o escenario de Políticas de performance no espazo urbano, un ciclo promovido polo profesor Carlos Tejo co patrocinio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, que busca precisamente espertar conciencias respecto desta lacra social a través da arte de acción.
Tras a representación de Lazos, a actividade retornou a este espazo pola tarde, con 016 unha performance de Sylvia Peceño, alumna do máster en Arte Contemporánea, dirixida aos homes que pasen neses intres pola rúa coa idea de rachar cos ideas do patriarcado.
Ás 20.00 horas, este ciclo de performance pechouse nas inmediacións da Praza da Peregrina coa representación de Padrón biográfico: presente de indicativo, de Montse Cea.