A Toxa acolle unha nova edición da Noite Galega das Telecomunicacións
Por Redacción
O Gran Hotel da Toxa será o escenario da XIX Noite Galega das Comunicacións e a Sociedade de Información, que organiza o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia. A cita deste ano dedícase á sociedade dixital e a saúde coa presenza de trescentas persoas, entre as que destaca a do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira; a secretaria xeral da Consellería de Sanidade, Josefina Monteagudo; e o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa.
Entregarnase, durante o evento, os Premios Galicia das Telecomunicacións aos sete gañadores desta edición.
A gala será presentada polo actor galego Javier Veiga, que arrincará coa proxección dun vídeo e a intervención do decano e presidente do Colexio Oficial e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ramón Bermúdez de Castro. Unha vez entregados os galardóns, pronunciaranse unhas palabras o Enxeñeiro do Ano e o conselleiro de Economía e Industria.