Sanxenxo abre os seus brazos aos turistas 'sénior' europeos
Por Redacción
A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, asistiu este mércores en Madrid á xornada de traballo organizada por Turespaña para presentar o programa 'Europe Senior Tourism' no que Sanxenxo participa por primeira vez despois de que a Secretaría de Estado de Turismo seleccionara a súa candidatura.
O obxectivo deste plan é contribuír á desestacionalización a través da organización de viaxes en grupo dirixidas a cidadáns europeos maiores de 55 anos que viaxen a España en tempada media e baixa. Concretamente, os visitantes procederán de Francia, Reino Unido, Polonia, República Checa, Eslovaquia, Romanía, Bulgaria, Finlandia, Suecia, Italia, Grecia, Austria, Irlanda, Portugal, Lituania, Hungría e Alemaña.
Durante a reunión mantida, Catalina González expuxo ás axencias comercializadoras destas estanzas a oferta turística do municipio, completando deste modo a información contida no proxecto 'Os mellores momentos', desenvolvido para este plan por Turismo de Sanxenxo, que resalta as características que definen a este destino como son as posibilidades de aloxamento, a gastronomía, os tratamentos de saúde e beleza, o comercio, as propostas complementarias como golf, actividades náuticas e deportivas, ruta do viño, turismo patrimonial e mariñeiro, entre outras.
Á súa vez, á xornada acudiu tamén o presidente do CETS, Alejandro Touriño, que ofreceu datos sobre a rede de empresas locais centradas no turismo, como hoteis e restaurantes, entre outras.
Relacionadas:
-
Turismo Sanxenxo prepara unha campaña para promover a gastronomía local durante o inverno
Por Redacción |
-
Clase práctica da asignatura 'Sanxenxo'
Por Redacción |
-
Tes máis de 55 anos e viaxas fóra da tempada estival? Sanxenxo busca xente coma ti
Por Redacción |
-
Colas ante as axencias de viaxe para ir a Benidorm e Torremolinos
Por Oskar Viéitez |