Os universitarios pontevedreses saen á rúa en defensa dunha educación de calidade: "Esto es insostenible"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga
Coincidindo coas tres xornadas de folga convocadas polo Sindicato de Estudantes a nivel estatal en defensa dunha educación pública e de calidade, os universitarios pontevedreses decidiron mostrar publicamente o seu rexeitamento á política gobernamental en materia educativa, pero facelo de forma completamente independente, desvinculados de calquera signo político e sindical.
Varias decenas de estudantes protestaron nas rúas do campus a mediodía e, no seu nome, o delegado de centro da Delegación de Alumnos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Javier Prieto Troncoso, defendeu que "la educación es una cuestión de Estado, no podemos consentir que se utilice como arma para expandir una ideología política determinada".
As súas reivindicacións coinciden coas que realizan no resto de España os sindicatos estudantís, pero se animaron a convocar esta protesta porque en Pontevedra non convocara nada e porque quería deixar claro que é "algo hecho por estudiantes para estudiantes", á marxe de calquera influencia externa.
Ademais, queren insistir en que, como estudantes universitarios que son todos, "protestamos porque sabemos sobre qué estamos protestando", pois atravesaron todas as etapas do sistema educativa, coñecen as súas carencias e conclúen que "esto es insostenible".
A súa petición principal é que "haya un consenso desde el raciocinio para implantar políticas educativas prolongada en el tiempo", pero tamén que cesen os recortes que afectan a estudiatnes de todos os niveis.
En nome de estudantes dos distintos centros educativos do campus, Javier Prieto explicou que os universitarios pontevedreses consideran que "no se puede consentir que un sistema educativo digno tengo continuos recortes en ayudas o becas y aumentos progresivos en tasas y matrículas".
Os estudantes pontevedreses non "alcanzan a entender" que en 40 anos de democracia se implantasen en España sete leis educativas distintas, pois "no hay tiempo para asimilar tanta legislación y, además, muchas se contradicen". En resposta a esta situación, consideran que "para instaurar una política educativa seria a nivel nacional es necesario contar con una estabilidad en el tiempo".