A Garda Civil detivo os supostos autores dun roubo con forza nun bar de Ponte Caldelas
Por Redacción
A Garda Civil detivo a J.L.C., de 23 anos de idade e veciño de Ponte Caldelas e a un veciño de Pontevedra, I.L.S. de 28, como supostos autores dun roubo con forza nun establecemento do municipio de Ponte Caldelas.
O roubo foi cometido na madrugada do pasado 18 de outubro.
Segundo denunciaron os propietarios do establecemento ante a Garda Civil, os cacos forzaron unha ventá traseira para acceder ao bar e unha vez no interior, despois de revolver en varias dependencias apoderáronse da recadación do día.
A raíz desta denuncia compoñentes do Posto da Garda Civil de Ponte Caldelas iniciaron as oportunas investigación para o total esclarecemento deste, que culminaron coa detención dos dous supostos autores.
Unha vez instruídas as correspondentes dilixencias, os detidos, que contan con antecedentes policiais, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número un de Pontevedra quedando en liberdade con cargos.