A Peregrina será escenario para tres "performance" sobre a violencia machista
Por Redacción
O profesor Carlos Tejo puxo en marcha o ciclo de Políticas de performance no espazo urbano que se desenvolverá o próximo venres 24 na Praza da Peregrina a través de tres sesións artísticas nas que se exhibirá unha mostra de arte contra a violencia machista. Trátase de intervencións realizadas por ex alumnas da Facultade de Belas Artes e buscan a sorpresa entre os cidadáns que neses momentos se encontren pola rúa para intentar sensibilizalos cara a unha problemática que afecta gravemente á sociedade.
As sesións serán realizadas ás 13.30, 18 e 20 horas coa singularidade de que, como corresponde ás performance, sexa unha actividade artística única que só póidase ver nese lugar e nese momento.
O acto está patrocinado pola Unidade de Igualdade de la Universidade, como sinalaron durante a presentación o vicereitor do campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho; a directora da Área de Igualdade na Universidade de Vigo, Anabel González; que estiveron acompañados polo profesor da Facultade de Belas Artes e comisario do ciclo, Carlos Tejo e por Juan Carlos Meana, decano da facultade.
Ademais a partir deste mércores 22 as facultades do campus contan con cinco enlaces de Igualdade para atender iniciativas e problemáticas relacionadas con violencia de xénero.