Todo a punto para acender o Nadal
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra inaugura o mércores a iluminación de Nadal, ás 18.30 horas na praza da Ferrería.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Festas, Carme da Silva, acenderán a iluminación da cidade que contará cunha árbore na praza da Ferrería e outra máis pequena na praza de Curros Enríquez.
A maior parte das rúas da cidade, tanto do centro histórico como de la zona comercial, estará debidamente iluminadas para esta ocasión con arcos de luces led de baixo consumo.
A colocación destes arcos foron consensuados coas asociación de empresarios da cidade, Aempe, de tal xeito que se abarcara o maior número de rúas posible cunha contía económica lixeiramente menor que no pasado ano.
O acto de inauguración irá acompañado dunha actuación a cargo da Coral Bella Helenes e do quinteto de metal Hércules Brass que cantarán panxoliñas.
A iluminación de Nadal estará encendida dende as 18.00 horas até as 01.00 horas, agás os días 24 e 31 de decembro, que estará acesa até a madrugada. Estará encendida até o 6 de xaneiro.
Relacionadas:
-
Tres árbores e centos de luces de Nadal de baixo consumo
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
As ludotecas do Nadal mergúllanse no mundo da espionaxe
Por Redacción |
-
Buscan o escaparate de Nadal máis orixinal e atractivo, apúntaste?
Por Alejandro Espiño |
-
Un de cada catro mozos españois no estranxeiro non poden volver a casa por Nadal
Por Oskar Viéitez |