A queima de restrollos no convento de San Francisco mobiliza os Bombeiros de Pontevedra
Por Redacción
Unha dotación de Bombeiros do Parque de Pontevedra montaba un operativo arredor das 23.00 horas do luns 20 para intentar acceder ao recinto da horta do Convento de San Francisco. Un particular puxérase en contacto co Servizo de Emerxencias do 112 para alertar da presenza dunha importante nube de fume procedente das instalacións da institución relixiosa.
O 112 trasladou a alerta aos Bombeiros que se achegaron ata as instalacións, ás que tiveron que acceder utilizando unha escaleira de man e subindo polo aramado próximo á entrada da igrexa.
Unha vez dentro, os bombeiros encontráronse cun frade que tranquilamente queimaba unhas restrollos da horta e que se viu sorprendido pola presenza dos funcionarios. O frade contaba con autorización para a queima controlada dos restos da poda, segundo informaron dende o Parque Municipal de Bombeiros.
En 1995, as instalacións do convento sufriron un grave incendio que provocou danos no recinto relixioso, que tivo que ser obxecto dunha importante restauración.