Ferido un motorista ao chocar con un coche en Mourente
Por Redacción
Un mozo de 18 anos de idade resultou ferido este luns ao colisionar a moto na que circulaba e un coche na parroquia de Mourente.
Segundo informaron desde o Centro de Atención de Urxencias 112, o sinistro tivo lugar sobre as 10,50 horas deste luns na estrada N-541 entre Pontevedra a Ourense.
Unha ambulancia asistencial trasladou ao novo ferido a un centro hospitalario da capital, segundo indicou Urxencias Sanitarias 061.