O Concello acometerá o derrube da antiga canceira e o arranxo do valado do matadoiro municipal
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Concellaría de Promoción Económica acometerá o derrube da antiga canceira e o arranxo do valado do matadoiro municipal.
Na medida en que se tratan de competencias municipais o Concello atenderá a estas peticións da concesionaria en relación co peche perimetral do matadoiro e a adecuación da zona comprendida entre a vía do tren, así como o derrube da antiga canceira (unha construción que se atopa á entrada do recinto).
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou este luns a resolución do expediente informativo aberto á empresa Carnifex, concesionaria do matadoiro municipal.
O goberno local acordou outorgar a Carnifex "o prazo que determinen os técnicos" para a conclusión das obras de subsanación das deficiencias detectadas pola Consellería de Sanidade e a requerimiento do Xulgado do Mercantil "para que este modo poida retomar a súa actividade de explotación do matadoiro o máis axiña posible", afirmou a concejala responsable, Carlota Román.
"No Concello está o ánimo de abrir canto antes", dixo a concelleira ao referirse ao prazo para a reapertura desta instalación.
A Xefatura do Servizo de Promoción Económica atopou "contradicións no proceder" entre a documentación aportada pola Xunta e as deficiencias detectadas pola empresa nas instalacións de Alba, polo que o Executivo local decidiu "demorar as posibles actuacións administrativas por parte deste concello ata que se diriman ditas contradiciones entre as dúas partes implicadas nas instancias correspondentes".