A Vosa Taberna gaña os premios do público e xurado profesional no #CotobadeenTapas
Por Redacción
O salón de plenos do Concello de Cotobade acolleu a entrega dos premios da III edición de #CotobadeenTapas que se desenvolva durante o mes de setembro. O premio de #SelfieTapa foron para Arturo Casal porque a súa foto obtivo máis Me Gustas no Facebook de 'Cotobade en Festas' e que recibiu un bono por valor de 20 euros para gastar no establecemento ao que pertence a tapa da foto gañadora.
Con este concurso pretendíase achegar a xente máis nova aos establecementos da zona aproveitando a importancia das novas tecnoloxías. Tamén grazas á colaboración de Adegas Fermenta, o gañador recibiu como regalo un paquete de varias cervexas artesás desta empresa.
No apartado dos premios a locais que foron empregados polo alcade de Cotobade, Jorge Cubela, os outorgados polo público foron en terceiro lugar para Café Bar A Chan, en segundo lugar para Casa Branco e obtivo o primeiro posto A Vosa Taberna. Por parte do xurado profesional composto polos membros de Galicia Gastro, A Vosa Taberna, tamén foi a merecedora deste premio profesional.