Funcionarios do cárcere da Lama piden medidas de prevención fronte ao ébola
Por Oskar Viéitez
A sección sindical de CSI-F no Centro Penitenciario da Lama solicitou a convocatoria urxente do comité de seguridade e saúde laboral, e traslada unha serie de consideracións de actuación "fronte a casos sospeitosos de enfermidade por virus de ébola".
Nun escrito dirixido ao director do cárcere solicitan "urxentemente" todos os equipos de protección individual para os profesionais sanitarios "ou o resto de profesionais da institución que poidan ter un contacto cos internos en estudo".
"Os ingresos de internos procedentes de África Occidenteal ou os que comunican con persoas desta procedencia, se recomenda, salvo mellor criterio, un seguimento preventivo e un estudo especial ante o máis mínimo síntoma da devandita enfermidade, procedéndose, se é o caso, ao illamento sanitario", di o escrito do CSI-F de Pontevedra.
"Estas propostas non están baseadas no alarmismo senón na prevención"
Ademais este sindicato pide unha campaña de concienciación dirixida aos funcionarios destinados na Lama "sobre a necesidade de realizar unha valoración médica inicial e preventiva se teñen contacto abondo con persoas diagnosticadas de enfermidade por virus de ébola".
Mesmo demandan un estudo da posible incidencia do sistema de pegadas no control horario "para determinar se supón un perigo potencial".
Finalmente o escrito asegura que estas propostas "non están baseadas no alarmismo senón na prevención".
Relacionadas:
-
Piden formación práctica inmediata para enfrontarse a posibles casos de ébola en Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os policías pontevedreses reclaman ao Goberno "medidas urxentes" de protección ante un posible caso de ébola
Por Oskar Viéitez |
-
A misión da Brilat en Mali aplicará medidas de prevención ante o ébola
Por Redacción |
-
O persoal sanitario de Pontevedra recibirá formación sobre o ébola nos próximos días
Por Anxo Lourido |