Un coche termina calcinado en Cambados tras causar un accidente e fuxir do lugar
Por Redacción
Un Audi A-6 rematou completamente calcinado despois de ter sido protagonista dun accidente e dunha fuga polo centro de Cambados. Arredor das 02.00 horas, o vehículo impactaba contra outro turismo no que se atopaban dúas persoas e contra outro coche máis na zona do Paseo marítimo.
O mozo que conducía o Audi non se detivo e continuou o seu camiño polos arredores da vila ata que, por causas aínda por determinar, el coche comezou a arder. Nese momento, os dous ocupantes baixaron do automóbil e fuxiron do lugar. O lume estragou totalmente o coche e afectou a outro aparcado nas inmediacións. Ata a zona achegáronse os membros de Protección Civil de Cambados.
A Policía Local inspeccionou o lugar pero non deu atopado o condutor. O vehículo foi identificado e pertence a unha muller de Vilanova de Arousa