Impacta o Mercedes que conducía contra catro turismos sen ter carné nin seguro
Por Redacción
Un Mercedes impactaba contra outros catro turismos que se encontraban aparcados durante a madrugada deste sábado 18 no paseo do Cantiño no concello da Illa de Arousa sen que se produciran danos persoais de relevancia. O condutor do vehículo, un home de 39 anos, foi o que provocou o múltiple accidente por causas aínda por determinar.
A sorpresa dos axentes da Garda Civil de Tráfico que se achegaron ata a zona, nas proximidades dun coñecido restaurante da Illa, produciuse ao comprobar que o condutor carecía do seguro do vehículo e do permiso de conducir, que fora retirado ao ter perdido os puntos por diversas infraccións.
A espectacularidade do accidente chamou a atención de numerosas persoas que se encontraban a esas horas polo paseo.