A subministración de auga á cidade farase durante un mes dende O Pontillón
Por Redacción
Dende este luns 20 de outubro e durante un mes quedará interrumpido o servizo de bombeo da estación depuradora de Monte Porreiro e o abastecemento de auga a Pontevedra farase a través dunha nova canalización dende o encoro do Pontillón do Castro.
Seguno informou o Concello de Pontevedra, este venres recibiuse unha comunicación na que a empresa pública Acuaes explica que esta medida se aplicará con motivo da realización das obras do novo abastecemento de agua de Pontevedra e a súa Ría e, en concreto, da ampliación do bombeo de Monte Porreiro. A forma en que se realizarán as obras fai necesario interrumpir o servizo, pero, para garantir o suministro á cidade, porase en marcha unha nova canalización entre o encoro e a ETAP do río Lérez que complementará o servizo existente entre estes dous puntos, permitindo o suministro necesario.
As actuacións a realizar dentro do bombeo incluíronse nun informe presentado o pasado 24 de setembro aos técnicos do Concello e os representantes da empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga e inclúen o transporte e colocación en obra do colector principal (con seis saídas) e de novas bombas, incluida a retirada das antigas, entre outros moitos traballos.
O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, xa anunciara en días pasados que para instalar o novo servizo a empresa debería parar o bombeo e poñer en funcionamento unha nova canalización e asegurou que os usuarios non notarán problema algún no suministro de auga nas súas casas e negocios.