Os portos das Rías Baixas recibiron 3.000 barcos de tránsito este verán
Por Redacción
Os barcos que chegan aos portos das Rías Baixas seguen a incrementarse. Os portos de titularidade autonómica de Pontevedra recibiron 2.912 embarcacións en tránsito durante o pasado verán, o que supón un incremento do 2,7% con respecto ao ano anterior, no que recalaran nesta zona 2.835 barcos destas características.
A Ría de Pontevedra confirma a consolidación desta actividade portuaria que experimentara xa o pasado ano un importante ascenso e que nos meses de xullo, agosto e setembro mantivo os bos resultados. No que respecta ás procedencias das embarcacións en tránsito, maioritariamente foron estranxeiras, sobre todo francesas e británicas.
Os datos aportounos este venres o presidente de Portos de Galicia, o arousano José Juan Durán, nunha rolda de prensa nas oficinas portuarias de Pontevedra na que sinalou que para o ente público que preside a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural.
Para impulsar estas chegadas, estanse a desenvolver accións promocionais dos portos deportivos de Galicia a nivel nacional e internacional, tales como a participación na feira Fitur de Madrid, o Salón Náutico Internacional Grand Pavois de La Rochelle, o Salón Náutico de París ou a organización da I Travesía Náutica Xacobea.
Relacionadas:
-
Récord de embarcacións en tránsito aos portos deportivos pontevedreses
Por Oskar Viéitez |
-
Os portos deportivos pontevedreses incrementan un 10,3% a súa actividade
Por Redacción |
-
Asinan en Pontevedra unha alianza estratéxica entre Portos de Galicia e La Rochelle francesa
Por Redacción |
-
Instalan trinta novos brazos de amarre no porto do Grove
Por Redacción |
-
Sanxenxo acollerá unha xornada de aceleración comercial de estacións náuticas
Por Redacción |