O Gran Reto reunirá no Grove a "paxaritólogos" de toda España nun maratón ornitolóxico
Por Oskar Viéitez
O Gran Reto é un maratón ornitolóxico, unha xuntanza que pretende reunir os apaixonados das aves para que, ademais de saír a ver paxaros, sirva como punto de encontro e de experiencias compartidas e para compartir.
ÿ un concurso de observación de aves que se celebra en todas as comunidades autónomas nas mesmas datas e consiste nunha proba de 24 horas de duración (de 00:00- 24:00h), que se fai en equipos de tres a cinco integrantes que se deben desprazar xuntos polo itinerario que eles mesmos decidan dentro das provincias elixidas da comunidade galega. Gañará o equipo que teña unha lista de aves máis extensa.
O Grove será a base de operacións pero o concurso desenvolverase por toda a provincia de Pontevedra e a de Ourense.
Para esta fin de semana a Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) convocou a medio centenar de "paxaritólogos" á final dun concurso no que participan os mellores equipos da maratón fotográfica desenvolvida a pasada primavera e na de 2013 en diferentes puntos de España.
A presentación e recepción de participantes do maratón será o venres 17 de outubro no Concello do Grove, a proba transcorrerá durante todo o sábado e o domingo 19, será a presentación de resultados e entrega de premios.