O mércores darase luz verde á ampliación da UNED
Por Oskar Viéitez
Este mércores, 5 de decembro, ás 17:30 horas, asinarase o convenio para executar as obras de ampliación do centro asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
A entidade anunciou que a este acto asistirán o vicerrector do centros asociados, Antonio Fernández; o presidente do patronato da UNED e presidente da Diputación, Rafael Louzán; o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, e a directora do centro, Beatriz Rodríguez.
A Deputación, o Concello de Pontevedra e a dirección da Uned en Madrid aportarán un 33% dos 351.000 euros aos que ascende a obra. Ademais a Deputación encargarase da redacción do proxecto.