Un veciño de Ponte Caldelas asume seis anos de cadea por abusar dun menor
Por Natalia Puga
Un veciño de Ponte Caldelas recoñeceu ante o tribunal da Audiencia Provincial de Pontevedra ser o autor dun delito de abusos sexuais a un menor de 13 de anos e aceptou cumplir unha condena a seis anos de cadea por estes feitos.
O xuizo contra A.G.M., de 63 anos, celebrouse a porta pechada a petición das partes e deixou un resultado pouco habitual. O procesado aceptou cumplir unha condena maior á que lle solicitaba inicialmente a Fiscalía, catro anos frente aos seis finais.
Este desencadenante inesperado foi posible pola presenza na vista oral dunha acusación particular que pedía 11 anos de cadea. O fiscal ofreceu ao procesado a posibilidade de conformarse cunha condena intermedia entre os catro solicitados no escrito de calificación inicial e os 11 da acusación.
Ao término da vista, o fiscal do caso explicou que o procesado recoñeceu que tiña unha relación de amizade cos pais do menor do que abusou sexualmente entre xuño de 2010 emediados de setembro de 2011 período no que o rapaz tiña 12 e 13 anos.
Os abusos cometeunos aproveitando que o menor o acompañaba con frecuencia cando facía traballos de fontanería ou noutras ocasións que o levaba ao cine ou visitaba a súa casa, sita en Ponte Caldelas. Nestas ocasións, con "ánimo libidinoso" tocoulle os xenitais, nun principio por enriba da roupa e con posterioridade directamente.
O procesado recoñece que lle deu bicos e practicou felacións ao menor
O relato dos feitos realizado pola Fiscalía, co que se conformou o procesado, engade que "deulle bicos e nalgunha ocasión practicoulle felacións" ata que unha tarde a nai do menor "sorprendeu ao acusado acariñándolle as pernas e os xenitais a este na súa habitación".
Ademais de aceptar seis anos de cadea, o procesado tamén se conformou co pago de 15.000 euros en concepto de indemnización á súa víctima (a Fiscalía pedíalle 3.000 e a acusación 40.000) e cunha orde de illamento que lle impide achegarse ao menor durante dez anos.