"A vicepresidencia de Rueda é unha magnífica noticia para a súa cidade", di Louzán
Por Oskar Viéitez
O nomeamento de Alfonso Rueda como vicepresidente da Xunta é unha "magnífica noticia especialmente para a súa cidade: Pontevedra", segundo valorou o presidente da Deputación pontevedresa e presidente provincial do Partido Popular, Rafael Louzán.
"Creo que para esta cidade é unha noticia extraordinaria é un premio ao seu traballo a súa lealdade con Galicia, ahi está o seu traballo sempre discreto, e por estar onde tiña que estar, é para felicitarnos todos, que esta provincia siga tendo máis peso no goberno actual da Xunta".
Rafael Louzán valorou tamén a incorporación de Francisco Conde ao consello da Xunta como conselleiro de Economía e Industria "é monfortino pero coñece perfectamente a realidade da provincia de Pontevedra, onde hai un dinamismo económico máis puxante" por estes motivos o presidente da Deputación sinalou que "hoxe é un día moi importante para Galicia" destacando o feito de que os novos conselleiros "son persoas que non veñen aprender sino que está aí listos para traballar desde o minuto uno para resolver os problemas".
Louzán valorou a xestión do novo conselleiro na negociación con Pemex, "Paco Conde fixo un traballo discreto calado pero moi efectivo".
Dito isto Rafael Louzán engadiu unha felicitación expresa a Javier Guerra "que sendo un gran empresario puido declinar a invitación feita no seu día polo presidente Feijóo e decidiu traballar polos intereses de Galicia de xeito impecable para buscar solucións e manter ás empresas que había".