Condenan un marinense por intentar violar á súa muller pese a que ela retirou a acusación
Por Natalia Puga
A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou un veciño de Marín a dous anos de prisión como autor dun delio de tentativa de agresión sexual do que a vítima é a súa entón muller e agora ex esposa. A condena chega a pesar de que a denunciante decidiu retirar a súa acusación ao termo do xuízo celebrado contra o seu ex marido.
O tribunal ten en conta a circunstancia agravante de parentesco e os atenuantes de embriaguez e dilacións indebidas, xa que no momento dos feitos el estaba baixo os efectos do alcohol e o incidente se remonta ao 13 de xaneiro de 2007. Ademais dos dous anos de prisión, imponlle a prohibición de achegarse a máis de 200 metros da súa vítima, o seu domicilio e o seu lugar de traballo e comunicarse con ela durante tres anos.
Na mesma sentenza o tribunal decidiu absolver ao procesado doutros dous delitos polos que se sentou no banco, un de maltrato contra a muller no ámbito familiar cando aínda estaba casado coa súa esposa e outro de maltrato familiar á filla de ambos os dous.
O tribunal considera probado que o 13 de xaneiro de 2007, sobre as 1.30 horas da madrugada J.S.M. abordou a súa muller mentres ela estaba a ver a televisión no salón da vivenda que compartían en Marín. O home inxerira bebidas alcohólicas e coa finalidade de obter a satisfacción do seu apetito sexual, e dicindo que quería durmir con ela esa noite, tocoulle varias partes do corpo e agarroulle o colo e os homes.
A muller negouse e foise á cociña, pero el seguiuna reiterando as súas intencións e cando ela volveu rexeitar as relacións sexuais "reaccionou de modo violento, quitándolle a pate de abaixo do pixama que vestía e as bragas, apalpándolle os peitos e a zona vaxinal".
A continuación, "agarrándoa polos ombros empurrouna ata o dormitorio e tirándoa enriba da cama, botouse enriba dela e intentou violala. A agresión sexual non se consumou porque a filla de ambos os dous, de 28 anos, chegou ao domicilio.