O pleno aproba unha rebaixa no IBI de Sanxenxo
Por Redacción
O Pleno da Corporación municipal deu o visto e prace na sesión celebrada onte á noite á proposta do Goberno local de modificar a ordenanza reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles, co fin de rebaixar o tipo aplicable do 0,60 ao 0,48 por cento do valor catastral.
Ademais dos concelleiros do PP e de VIP, os edís do PSdeG-PSOE apoiaron esta medida.
O concelleiro de Facenda, Marcos Guisasola, desmentiu que esta revisión, que entrará en vigor en 2015, teña un afán recadatorio, xa "de ser así poderíamos deixar o tipo no 0,60 ou incluso subilo, pero a nosa intención é gravar o menos posible aos veciños". Así, Marcos Guisasola recordou que Sanxenxo manterá a porcentaxe aplicable dentro dos mínimos existentes na provincia e apuntou que "pola contra, o Goberno do BNG de Pontevedra ten o tipo no 0,64%, chegando en Vigo ao 0,88% co PSOE na alcaldía".
A revisión do catastro incorporou 9.000 propiedades que ata o momento non tributaban
O edil aludiu ao exemplo co que a alcaldesa ilustrou onte á noite a defensa desta medida cando apuntou que un hotel situado na Lanzada, que foi legalizado tras a aprobación en 2003 do PXOM ao ter incluído o Goberno unha ordenanza hoteleira, cualificado como parcela rústica e valorado en 50.000 euros, coa revisión catastral aforrará en 2015 un total de 1.000 euros a pesar de que o novo relatorio valora esta propiedade nun millón de euros.
Malia iso, o Executivo local mantén que os ingresos derivados do IBI se manterán o próximo exercicio, aínda diminuíndo o coeficiente impositivo, grazas á incorporación de 9.000 propiedades que ata o momento non tributaban.
"Tendo en conta que os valores actuais corresponden ao ano 1995 e que o incremento do valor nestes últimos vinte anos diferírase ao longo da próxima década, a adaptación aos valores reais faise en Sanxenxo durante un período de 30 anos", incidiu o edil de Facenda.
Relacionadas:
-
A Plataforma veciñal de Sanxenxo concentrarase ante as oficinas do Catastro en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo busca propietarios de terreos
Por Redacción |
-
Os veciños espera un resposta do goberno local despois da manifestación contra o 'catastrazo'
Por Redacción |
-
A Lama inicia o proceso de actualización do seu catastro, tras case tres décadas sen revisalo
Por Redacción |