Os traballadores de Treves reclaman á Xunta que esixa á empresa máis carga de traballo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un grupo de traballadores de Trèves concentrábanse este mediodía ante a delegación da Xunta de Galicia en Campolongo e os principais dirixentes do comité de empresa entraban nas instalacións para presentar un escrito ante a secretaria do Delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, que se encontraba ausente. Os empregados da nave do Polígono do Campiño reclaman a Xunta a que solicite á empresa unha maior carga de traballo para evitar novos expedientes de regulación de emprego.
O presidente do comité de empresa, David Couñago, afirmaba que tanto Citroën coma Trèves recibiron numerosas subvencións públicas e, non obstante, estas entidades fabrican pezas en Portugal, Girona e Valladolid en lugar de Pontevedra para aforrar custos con man de obra máis barata. Couñago indica que se as pezas se fabricasen aquí se abaratarían custos loxísticos en relación co traslado deses elementos.
Os representantes dos traballadores esperan que ao longo desta semana poidan manter unha reunión con Cores Tourís ou con algún responsable de Industria a quen tamén queren transmitir o seu malestar porque en Pontevedra, a administración non ceda un local para manter esas reunións. "Din que non hai presuposto para manter a seguridade durante a noite", apunta Couñago referíndose á escusa que se utiliza dende a Xunta para que as reunións se desenvolvan en Vigo, a pesar de que en 2011 durante outro conflito colectivo da empresa se realizaron en Pontevedra.
Entrementres, durante a tarde do martes 30 desenvolveuse o quinto encontro entre a dirección da empresa e o comité coa intervención da mediadora. Nesta ocasión coa presenza dun responsable da empresa de alta dirección, que non logrou que se achegasen máis as posturas. Hai aspectos nos que as partes se encontran moi distantes, segundo fontes sindicais. O comité rexeita a xornada de luns a domingo que propón a dirección e na negociación das nóminas tamén existen grandes diferenzas na negociación xa que mentres os traballadores queren centrarse en salario base, antigüidade e paga de beneficios mentres que a empresa se formula sobre salario base e complementos de persoal.
O persoal, que mantivo unha asemblea nos locais sindicais, encóntrase moi "enfadado", segundo Couñago, polo adianto da parada en PSA-Citroën que permitirá que Trèves poida permanecer dous días máis, 1 e 2 de outubro, sen producir pezas para a empresa de automóbiles.
Na madrugada deste mércores fixo unha semana do inicio da folga. E durante a tarde vai manterse a sexta xuntanza entre as partes na Inspección de Traballo en Vigo.
Relacionadas:
-
Tensa asemblea para aprobar o preacordo que remata coa folga en Treves
Por Redacción |
-
Acordo en Treves para finalizar a folga despois de negociar durante toda a noite
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Retoman as negociacións en Treves cando xa se levan 13 días de folga
Por Anxo Lourido |
-
Achéganse posturas en Treves pero a folga continúa
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O distanciamento entre a dirección e os traballadores de Treves estende a folga ata a próxima semana
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Folga en Treves, un piquete por quendas a pé de fábrica
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada