Evacuado un traballador ferido tras caer a un depósito dunha empacadora no Polígono Sete Pías
Por Redacción
O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, informou dun accidente laboral acontecido ás 11,23 horas deste martes no Polígono Sete Pías no termo municipal de Ribadumia.
Segundo informaron efectivos de Protección Civil un traballador resultou ferido tras caer nun depósito dunha empacadora, duns seis metros de profundidade. O lixo acumulado no depósito amorteceu o golpe.
Ao lugar do suceso acudiron a Garda Civil, Protección Civil e Urxencias Sanitarias, que trasladaron ao traballador ferido ao Hospital do Salnés.