Empeza a funcionar o Centro comarcal de Información á Muller
Por Oskar Viéitez
Hoxe comeza a funcionar o Centro de Información á Muller (CIM) de O Salnés.
ÿ un servizo de ámbito comarcal que está situado no edificio administrativo da rúa Ourense, en Cambados.
A avogada e a psicóloga encargadas de atender o servizo trasladaránse varios días á semana a Meis e a Ribadumia para evitar desprazamentos ás beneficiarias.
O centro tardou máis dun ano en abrirse por culpa da burocracia.
A homologación das instalacións, e unha complexa tramitación legal atrasou a súa posta en marcha o que obrigou a contratar unha asistencia técnica externa cando foi necesario dar cobertura ás mulleres que acudiron en busca de axuda.
Relacionadas:
-
CC.OO. acusa o PP de realizar recortes que aumentan a violencia de xénero
Por Redacción |
-
Detido en Caldas por agredir a súa parella e os fillos dela durante un ano
Por Natalia Puga |
-
Piden sete anos de cadea para un marinense acusado de violación e malos tratos
Por Oskar Viéitez |
-
Arte con mensaxe para loitar contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
Pontevedra condena os vampiros machistas de Crepúsculo
Por Natalia Puga |