Vivir a vendima dende bebés
Por Redacción
Os pais das gardarías de Sanxenxo xa non se asustan cando os nenos lles explican que hoxe beberon viño.
Dende hai uns anos, os responsables de Escolas Infantís O Tombo (Padriñán) e O Revel (Vilalonga) decidiron facer partícipes os nenos de todo o proceso de vendima.
Así os pequenos tiveron que recoller as uvas dunha improvisada parra para logo pisalas ao modo máis tradicional e finalmente envasar o zume co selo que garante a "denominación de orixe".
Os nenos, na súa gran maioría do ámbito rural, participaron con alegría nesta actividade na que moitos deles teñen a súa familia ocupada durante eses días.