A raíña Letizia móstrase moi seria en Marín durante o aniversario da promoción do Rei
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Escola Naval de Marín acolleu este venres os actos do XXV aniversario da promoción do ano 1989 á que pertence o Rei Felipe VI.
Tratouse dun acto estritamente militar no que non estivo presente ningún representante civil.
Os Reis optaron por viaxar na véspera porque Don Felipe quería asistir a unha cea cos seus compañeiros de promoción no restaurantes O Peirao e Alvariñas de Combarro rememorando a súa estapa de gardamariñas cando acudían habitualmente a este restaurante para degustar polbo e caldeirada.
Non acudiu a esta cita de Combarro a Raiña Letizia que este venres na Escola Naval centraba as miradas da prensa e dos familiares dos compañeiros de promoción de Don Felipe.
Letizia, que vestía blusa e pantalón negro e chaqueta marrón claro (estilo Channel) con zapato de tacón alto, permaneceu allea a todo o acto que se desenvolvía na explanada da Escola Naval.
Ante o desespero dos medios gráficos a Raiña estivo durante algúns momentos cos ollos pechados.
Esta circunstancia foi atribuída ao sol, que lle daba de fronte, aínda que houbo quen relacionou esta reacción ao auto de apertura de xuízo oral contra a familia directa de Dona Letizia decretado este venres polo Xulgado de Primera Instancia e Instrución de Cangas de Onís. A avoa, tía e pai da Raiña están acusados dun delito de insolvencia punible e alzamento de bens.
A Raiña permaneceu allea ás bromas de Don Felipe cos seus compañeiros e eludiu entrar en conversación con aquelas persoas que lle ía presentando o seu marido.
O Rei, vestido con uniforme de diario cos galóns de capital xeral da Armada, pasou revista ao batallón de alumnos e bicado a bandeira.
Unha vez rematado o acto castrense Dona Letizia regresará a Madrid, pola contra Don Felipe, que hoxe cumpre cen días como Rei, decidiu prolongar a súa estanza nas Rías Baixas.