Falece un home tras chocar unha furgoneta contra unha casa en Salcedo
Por Oskar Viéitez
Un varón duns 47 anos de idade faleceu e outro de 40 anos resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado ao chocar unha furgoneta contra o peche dunha casa no lugar de Cabanas, na parroquia pontevedresa de Salcedo.
Segundo os datos facilitados polos Bombeiros de Pontevedra o accidente tivo lugar sobre as 3,30 horas deste venres na estrada N-550.
O 061 informou que se desprazaron ao lugar unha ambulancia asistencial e outra medicalizada, que atenderon a dous varóns, uns dos cales faleceu, B.F.P., de 47 anos; mentres que o outro asistido, O.P.M., de 40 anos, foi trasladado ao Hospital Domínguez.