"Me voy a Alemania a trabajar mientras aprendo una profesión"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Laura Cotón é unha rapaza marinense que a partires do vindeiro luns comezará a traballar nun hotel en Alemaña. Farao mentras aprende unha profesión.
"Empezaré en desayunos pero la idea es ir escalando. Estaré en el hotel Eurostars Grand Central, de cuatro estrellas", explica.
Laura forma parte dos 42 alumnos dos ciclos superiores de FP Dual postos en marcha pola Deputación, a Consellería de Educación e o Grupo Arlea Hotels (Hotusa), que comezan a súa formación práctica en 18 hoteis da cadea Eurostars en España e Alemaña.
No seu caso os profesores do CIFP Carlos Oroza ven en ela a una futura manager.
"Para mi lo ideal es que además de la formación, nos pagan el alojamiento y los vuelos y además nos dan 500 euros", apunta Laura "el primer mes viviremos en el hotel, después igual nos buscan un piso en régimen de media pensión".
Laura todavía no habla aleman "estoy con el guten morgen", bromea.
O idioma alemá non será unha barreira para Noelia Nogueira, de Vilanova de Arousa, que vai a estudar-traballar en Oviedo, no Hotel Reconquista.
"Veño de rematar o bacharelato e estaba buscando opcións e saídas de traballo cara o futuro e souben disto", di Noelia.
Todos estes rapaces recibiron este xoves no Salón de Plenos do Pazo Provincial os datos do centro no que van realizar as prácticas; o contacto das persoas que exercerán de titores no seu destino; as tarxetas de embarque para os que se dirixen a Barcelona, Munich, Madrid e Córdoba e os billetes de autobús para os que viaxan a Oviedo.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, Manuel Corredoira López, o directivo de Hotusa José María Barrán Puig e o director do CIFP Carlos Oroza, Manuel Hermo, desexáronlles o maior dos éxitos agora e no futuro.
Terán unha xornada de 30 horas semanais nas que se combinará formación e traballo
A formación práctica que agora inician en hoteis de Hotusa vai ter unha duración de 9 meses, cunha xornada de 30 horas semanais nas que se combinará formación e traballo.
O ciclo complétase cos 2 meses de formación presencial no CIFP Carlos Oroza e 6 meses de formación a distancia, con 15 horas de dedicación semanal ao curso. En total, dous anos de formación durante os cales os mozos que participan nestes cursos non só obteñen formación teórica e prácticas nun contorno real de traballo, senón que perciben unha remuneración de 500 euros mensuais.
O directivo de Hotusa, José María Barral subliñou a aposta de Hotusa por "tener gallegos en casa", destacando que en Galicia "somos gente trabajadora, nos gusta el servicio y la calidad", polo que lle augurou un gran futuro aos novos alumnos, co desexo de que "dentro de dos años forméis parte de este grupo".
Relacionadas:
-
Hotusa explotará o Gran Hotel de La Toja e o Balneario, nos que investirá 4 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Sutega e Novavila amoblarán as Pousadas do Salnés para que poidan abrir en Semana Santa
Por Redacción |
-
Educación enviará ao Concello de Pontevedra o proxecto de ampliación do Carlos Oroza "cando estea rematado"
Por Oskar Viéitez |
-
Admítense ofertas para equipar as Pousadas do Salnés. Prezo de saída: 1,7 millóns
Por Redacción |
-
O ciclo de FP de Restauración, que inclúe un contrato laboral, pecha o período de inscrición sen cubrir todas as súas prazas
Por Oskar Viéitez |
-
Xunta, Deputación e Arlea Hotels poñen en marcha tres ciclos de FP dual na Pousada da Lanzada
Por Oskar Viéitez |
-
O grupo Hotusa xestionará as Pousadas do Salnés
Por Oskar Viéitez |