Atropelan unha peregrina de nacionalidade inglesa en Caldas de Reis
Por Redacción
Unha muller de nacionalidade inglesa resultou atropelada por un turismo cando trataba de incorporarse ao trazado do Camiño Portugués a Santiago, ao seu paso pola localidade pontevedresa de Caldas de Reis.
O suceso, segundo informa Protección Civil de Caldas, produciuse sobre as 11.00 horas deste domingo. A vítima, duns 30 anos de idade, foi golpeada polo coche cando cruzaba a rúa San Roque. Ía acompañada dun grupo de peregrinos, tamén ingleses.
Ao lugar dos feitos trasladouse tamén unha ambulancia do 061, que trasladou á muller ao PAC de Caldas de Reis para recibir atención médica, xa que presentaba un golpe na cabeza.