Os produtores denuncian o "engano" da Xunta ao non convocar a mesa do viño antes da vendima
Por Anxo Lourido
Os representantes dos sindicatos Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego en nome dos produtores vitivinícolas das Rías Baixas séntense enganados pola Xunta de Galicia ao non ter convocado a mesa do viño para este ano a pesar de comprometerse a iso.
Os produtores esperan que a próxima semana, durante os últimos días de setembro, se leve a cabo a campaña forte de vendima e lamentan que non se acordase aínda un prezo. Denuncian que dende as adegas intentan meter medo aos viticultores de maneira que se rebaixen os prezos. Hai que ter en conta, segundo apuntan os sindicatos, que a presenza de chuvia e as enfermidades que están a afectar aos viñedos van afectar á produción deste ano ao considerar que se recollerán menos de 20 millóns de quilos de uva.
Salvador Martínez e José Ramón González reclamaron en rolda de prensa a intervención da Xunta e do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para intentar establecer a mesa de diálogo e poder chegar a un consenso sobre o prezo. Miguén Ángel Dopazo destacou que algúns viticultores comezan a abandonar este sector ante os elevados custos de produción que teñen que afrontar ante as malas condicións meteorolóxicos e que ascenderon ata un 30%. "Non hai produto que non teña prezo, menos ás uvas", indicou Dopazo que sinalou que a D.O. Rías Baixas a estas alturas do ano xa vendeu 17 millóns de litros, os mesmos que se venderon durante 2013.
O pasado ano, as adegas pagaron entre 0,90 e 1 euro polo quilo de albariño e os produtores entenden que, este ano, o prezo debería situarse sobre 1,30 euros. Os sindicatos denuncian ademais o atraso nos pagamentos por parte das bodegas que, nalgúns casos, supera os 15 meses.
Relacionadas:
-
Remata a vendima en Rías Baixas con menos cantidade pero maior calidade
Por Oskar Viéitez & Juan Mejuto | Creada e actualizada
-
Os viticultores farán 'escrache' ás adegas que compren uva por debaixo do prezo de produción
Por Oskar Viéitez |
-
Entre 20 e 25 millóns de quilos de uva, previsión para a vendima na D.O. Rías Baixas
Por Redacción |
-
A vendima en Rías Baixas "collerá ritmo" en próximos días e dará traballo a uns 5.000 xornaleiros
Por Alejandro Espiño |
-
As chuvias deste verán provocarán unha mingua de ata un 10% na colleita de albariño
Por Redacción |