Implantar un servizo de transporte urbano, compromiso do Partido Popular se accede á alcaldía
Por Alejandro Espiño
O Partido Popular comprometeuse este xoves a implantar un sistema de transporte público urbano se, dentro de oito meses, acceden á alcaldía de Pontevedra. ÿ o anuncio que realizou o seu voceiro, Jacobo Moreira, coincidindo coa visita da axencia Intermodes. Cre que é "necesario y obrigatorio" dotar á cidade, como mínimo, de "una o dos" liñas de autobuses circulares.
Para poder levalo a cabo, necesítase un Plan de Mobilidade Sostible, do que Pontevedra, segundo os populares, carece actualmente. De aí que anunciasen que comezarán a elaboralo eles mesmos. Trátase dun documento, dixo Moreira, que permitiría tamén acceder a unha serie de subvencións estatais que axuden a custear un servizo que, recoñece, "es deficitario, pero esencial".
Os populares denuncian que o Concello de Pontevedra está a incumprir a lei de réxime local, que determina que toda cidade de máis de 50.000 habitantes debe contar cun servizo de transporte colectivo de viaxeiros, "aunque Lores trate de disfrazar las líneas interurbanas que gestiona la Xunta como transporte urbano", en referencia aos autobuses ao barrio de Monte Porreiro ou a Marín.
"Si Lores no implantó este servicio en 16 años, no lo va a hacer en los ocho meses que le quedan de mandato", afirmou Jacobo Moreira, que estivo acompañado na rolda de prensa polo concelleiro Ricardo Aguilar, xa visiblemente recuperado da enfermidade que o obrigou a retirarse temporalmente da vida pública.
Precisamente foi o propio Aguilar o que destacou que a existencia deste sistema de transporte público reportaría grandes resultados a toda a cidade porque "permitiría mejorar la calidad de vida de los vecinos", ademais de citar, entre outros, beneficios ambientais e económicos "importantes". O problema, dixo, é que o goberno municipal "no tiene este asunto entre sus preocupaciones".