Rescatan unha anciá que levaba todo o día tirada ao fondo dun terraplén
Por Oskar Viéitez
Unha muller de 84 anos foi rescatada este martes polos Bombeiros de Pontevedra tras caer por un terraplén ao lado dos xulgados da Parda.
Segundo fontes da Policía Local, a anciá que vive soa na rúa Pintor Laxeiro, caeu polo desnivel pola mañá sen que ningunha persoa fose testemuña do accidente.
Alí permaneceu durante todo o día, soportando os intermitentes chaparróns de houbo durante a xornada, ata que ás 20.30 horas, unha veciña da zona que ía darlle de comer ás súas galiñas pasou polo lugar e viu á anciá, dando a voz de alarma.
Ademais dos bombeiros, ata o lugar do suceso achegáronse efectivos da Policía Local e do 061, se ben non foi necesario o seu traslado a ningún centro hospitalario xa que a muller atopábase ben, non presentaba feridas de consideración e estaba consciente e orientada. Soamente tiña algunhas rabuñaduras.