A Brilat conclúe a vixilancia dos montes galegos cun cento de avisos por incendios
Por Redacción
A operación Centinela Gallego, que durante este verán puxo en marcha as Forzas Armadas para colaborar na vixilancia dos montes na comunidade, finalizou con aproximadamente un centenar de avisos por incendios forestais, queimas de restreba, presenza de persoas sospeitosas e de material incendiario.
Dito operativo, no que participaron efectivos da Brilat, comezou o pasado 15 de xullo e se despregou ata este luns. O Ministerio de Defensa considera que o obxectivo se cumpriu e destacan que o balance da operación foi "positivo".
Ao longo dos dous meses de operación, despregáronse ao redor de 450 de militares, efectivos que percorreron máis de 700.000 quilómetros polos montes galegos. Participaron persoal e medios de unidades do Exército de Terra, procedentes das tres sedes da Brilat (Pontevedra, Asturias e Valladolid), e de unidades da Armada pertencentes ao Tercio Norte de Infantería de Marina (Ferrol).
Estas unidades cubriron tres das catro provincias galegas e estiveron baixo o mando táctico do xefe da BRILAT, xeneral de brigada Luis Cebrián Carbonell, por delegación do xefe de Estado Maior da Defensa, almirante xeral Fernando García Sánchez, que exerceu a coordinación de todos os medios a través do mando de operacións.
Defensa destaca nun comunicado o "eficaz labor de vixilancia e disuasión" que realizan as patrullas así como a boa aceptación que, ano tras ano, se demostra por parte dos cidadáns, "circunstancia que foi posta de manifesto por todo o persoal participante na operación".
Relacionadas:
-
260.000 quilómetros vixiando o monte para loitar contra os incendios
Por Natalia Puga |
-
Campañó prepárase para loitar contra os incendios forestais
Por Redacción |
-
Os soldados da Brilat dan 50 avisos no seu primeiro mes de operación contra os incendios
Por Redacción |
-
Os militares da Brilat inician o seu despregamento polos montes galegos
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Defensa e a Xunta asinan o convenio para a vixilancia dos montes, que comeza o martes
Por Natalia Puga |
-
A Brilat planifica xa a operación 'Centinela Gallego' e en setembro comezará o seu adestramento para Mali
Por Natalia Puga |