As primarias para elixir o candidato do PSdeG-PSOE en Pontevedra, o 30 de novembro
Por Redacción
Aínda que as agrupacións socialistas nas principais cidades galegas preferían que a elección dos seus candidatos ás próximas eleccións municipais se celebrase xa en outubro, finalmente será o 30 de novembro. ÿ a data pola que, de forma unánime, optou a Executiva do PSdeG-PSOE como a idónea para celebrar as primarias. Polo tanto, ese será o día no que se coñeza o nome do candidato socialista á alcaldía de Pontevedra.
Este proceso de primarias abrirase en todos os municipios de máis de 20.000 habitantes, segundo explicou a secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela. Comeza así, dixo, "o calendario para que os candidatos e candidatas dos diferentes municipios poidan recoller os seus avais, facer campaña e tomar contacto cos militantes".
Entre os argumentos que deu para elixir esta data entre as dúas posibles (19 de outubro e 30 de novembro) é que algúns municipios requiren un debate "máis sosegado das posibilidades que temos para alcanzar os mellores candidatos para poder gañar" para dicir cal é o mellor aspirante á alcaldía. Entenden os dirixentes socialistas que a elixida é a data "máis favorable" para os intereses conxuntos do partido na comunidade.
Pontevedra sería un deses casos nos que, segundo os criterios socialistas, hai que realizar un debate sosegado
Pilar Cancela afirmou que o PSdeG non ten "mal feitos os deberes", senón que consideran que, naqueles lugares onde está máis clarificada a situación, os candidatos poden ir levando a cabo "igual" o seu traballo. En todo caso, recoñeceu que o 30 de novembro "se atrasa un pouco máis do que nos gustaría", pero explicou que non era posible distribuír as primarias entre ambas as dúas datas, xa que Ferraz esixía optar por unha delas.
CANDIDATOS EN PONTEVEDRA
Pontevedra sería un deses casos nos que, segundo os criterios socialistas, hai que realizar un debate sosegado. Por agora, non parece haber un candidato claro, se ben o secretario xeral na cidade, Agustín Fernández, recoñece que está disposto a pensalo. Tamén se especula coa posibilidade de que se poida presentar ás primarias José Manuel Valcárcel, considerado por moitos como o voceiro do denominado sector crítico.
Relacionadas:
-
María José Fariña, candidata ás primarias do PSOE-Pontevedra, denuncia as dificultades para acceder aos militantes
Por Redacción |
-
Agustín Fernández, "un tipo normal e decente", anuncia a súa candidatura ás primarias do PSOE
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas poñen en marcha a maquinaria electoral
Por Redacción |
-
Pedro Sánchez, novo secretario xeral do PSOE; Madina foi o preferido en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Agustín Fernández: "Non decidín se serei candidato. Falareino con moita xente, incluídos os que non me votaron"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |