Unha subvención da Xunta permitirá afrontar melloras nos mercados de Marín e Seixo
Por Redacción
Os mercados municipais de Marín e Seixo sufrirán un 'lavado de cara' grazas a unha subvención que o goberno municipal solicitou á Consellería de Economía e Industria. Trátase dunha serie de obras menores de conservación e mantemento.
En concreto, no mercado de Marín realizaranse obras de limpamento da fachada e diversas actuacións relativas á súa limpeza. Os traballos de maior entidade este ano realizaranse en Seixo, onde se acometerá principalmente a mellora de todo o seu chan, procedendo á súa limpeza e pintado.
Segundo explicou a concelleira de Comercio e Turismo, Cristina Acuña, con esta subvención o goberno municipal mantén o seu "traballo constante" en materia de mantemento e conservación dos mercados do municipio, "conseguindo dinamizar o comercio e que verdadeiramente melloren e xeren un polo atractivo que redunde no comercio da zona".
Espérase que nos próximos días se poidan realizar xa as contratacións necesarias para afrontar estas obras o antes posible.
Relacionadas:
-
Finalizan as obras no ámbito do mercado municipal
Por Redacción |
-
A empresa Narón SL acometerá a reforma do acceso principal á Praza de Abastos de Marín
Por Redacción |
-
Marín aproba o acondicionamento da entrada ao Mercado de Abastos
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello de Marín adxudica cinco postos no Mercado e un de hostelaría no Multiusos
Por Oskar Viéitez |