A Xunta subvenciona un investigador de Belas Artes para estudar o 'manga' durante dous anos no Xapón
Por Redacción
José Andrés Santiago, nacido en Santiago de Compostela en 1981 é doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2010) cunha tese que versa sobre cómic xaponés, licenciado pola especialidade de Pintura (1999-2004) e Premio Fin de Carreira.
Artista, investigador e docente, forma parte do grupo dx5 da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, especializado en gráfica contemporánea.
ÿ o único beneficiario da Universidade de Vigo, no campo das Humanidades, dos contratos posdoutorais do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2014 (Plan I2C) da Xunta. José Andrés trasladouse en maio ata a cidade de Kyoto, onde permanecerá durante os próximos dous anos realizando a súa estadía de investigación na Universidade Seika que desde 2006 coa primeira Facultade de Manga do Xapón.
Para min está a ser fascinante poder traballar con expertos de campos e estudos tan diversos, porque a súa maneira de analizar determinados fenómenos ou problemáticas é completamente diferente á miña, sinala.
Aprendín máis en tres meses do que xamais tería imaxinado, engade Santiago. Agora quédanlle dous anos por diante para seguir mergullándose no mundo do manga, desde o corazón deste medio, e facelo ademais, nunha cidade milenaria cunha longa tradición estudantil e unha oferta cultural espectacular.