Traballadores de Enmacosa reclaman a implicación da Xunta para evitar que chegue a concurso
Por Redacción
Os traballadores de Enmacosa reclamaron este luns 15 de setembro que a Xunta de Galicia e o resto de administraciones executen os pagamentos pendentes con Enmacosa para garantir a estabilidade desta empresa nun futuro e permitir que se lles poidan aboar as oito nóminas que lles debe esta consultora e manter a súa estabilidade evitando que chegue a concurso de acreedores.
Ramón Vidal, secretario comarcal de UGT, compareceu en rolda de prensa con varios traballadores desta consultoría técnica con sede en Sanxenxo para confirmar que a empresa debe un millón setecentos mil euros aos empregados pero que na actualidade conta con actividade laboral e con volume de traballo. Non obstante, dos máis de douscentos empregos que xerou esta empresa, neste momento só conta con 120 despois de afrontar expedientes de regulación de emprego nos últimos meses.
Un dos integrantes do equipo, César Rivero, denunciaba que as administracións deben pagamentos a Enmacosa e que, pola súa banda, as entidades bancarias apertan a entidade impedindo que poida desenvolver a súa actividade. Por este motivo reclaman do IGAPE que ofreza solucións para que poida saír desta situación.
Durante a tarde deste luns, os empregados manterán unha asemblea coa intención de poñer en marcha mobilizacións ao longo dos próximos días. Unha primeira realizarase ante a sede de Enmacosa en Sanxenxo e despois realizaranse contra as diferentes administracións ás que consideran responsables da actual situación da empresa.
Relacionadas:
-
Os traballadores de Enmacosa chegan a un preacordo para suspender a folga
Por Anxo Lourido |
-
Os traballadores de Enmacosa convocan unha folga indefinida para forzar o concurso de acredores
Por Redacción |
-
Traballadores de Enmacosa concéntranse ante a empresa para reclamar os seus salarios
Por Redacción |
-
Enmacosa negocia o despedimento de máis de 40 traballadores
Por Redacción |