Sete locais participan en 'Cotobade en tapas'
Por Redacción
A terceira edición de 'Cotobade en Tapas' celebrarase do 26 ao 28 de setembro coa colaboración do equipo Galicia Gastro, que participará como xurado, así como promotores da gastronomía local a través das redes sociais dos distintos membros do xurado.
'Cotobade en Tapas' é unha ruta que contará con sete locais repartidos en distintas parroquias de Cotobade e que presentarán as súas creacións o mesmo día do inicio da ruta. Durante o domingo 28, o xurado de Galicia Gastro realizará esa ruta co labor de avalialas e elixir o gañador polo xurado profesional. Ademais, os participantes desta ruta que a completen recibirán unha sorpresa por parte da organización.
Unha das novidades deste ano será a #SelfieTapa para aquelas fotos que se compartan a través das redes sociais, onde nesta edición o grupo Galicia Gastro fará unha promoción decidida da gastronomía e dos lugares de Cotobade, segundo a organización.
Este concello celebra ao longo de todo o ano eventos como a Festa do Petote, Festa da Filloa de Valongo, Festa do Requeixo de Corredoira, Festa do Caracol, a Festa do Birlo de Borela ou a recente Festa do Becerro Ecolóxico ao Espeto de Cotobade.