Catro barcos de Marín estrean hoxe o acordo europeo de pesca con Marrocos
Por Redacción
Catro barcos pesqueiros da frota de Marín estrearán este luns o novo acordo de pesca entre a Unión Europea e Marrocos.
Despois de esperar máis dun mes coas licenzas pagadas, o pasado venres chegou o permiso definitivo do goberno de Rabat.
Aos arrastreiros marinenses súmase outro de Cangas, todos eles da frota cefalopodeira. Segundo informou o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, en total son 126 licenzas para barcos europeos, das que 98 corresponden a España.
Hai case tres anos que a frota española non faena neste caladoiro tras a ruptura do anterior protocolo. A volta está marcada pola esperanza de armadores e tripulación de que siga sendo tan rico na pesca de pescada negra como o era antes.
O novo acordo terá unha duración de catro anos.
Non todos os barcos poderán empezar a pescar este luns xa que terán que ir pasando a preceptiva inspección técnica por parte das autoridades marroquís e deben incorporar a membros locais á súa tripulación que será seleccionado s da lista que lles ofrecerán as autoridades alaouitas.