A maleza xa deixa ver o desdobramento da Avenida de Vigo
Por Diego Torrado & Redacción
Os veciños que nos últimos días se achegaron polas proximidades da Avenida de Vigo xa puideron comprobar o espazo polo que, no prazo dun ano, estará construído o vial de desdobramento. Durante esta primeira fase das obras estase a levar a cabo a nivelación dos terreos e a roza de maleza dos terreos.
Esta obra unirá o Nó do Pino coa Avenida da Estación e dende o goberno local entenden que é unha actuación moi importante porque transformará a zona sur da cidade, segundo manifestaba o concelleiro Luis Bará.
Os traballos están sendo executados pola UTE formada polas empresas Covsa e EC Casas co financiamento por parte do Concello de Pontevedra e o Ministerio de Fomento por un prezo que supera os 3.700.000 euros, ao que se engaden obras de mellora na Avenida de Vigo que elevan a cifra a 4,1 millóns de euros.
Cando a obra finalice en setembro de 2015, a actual Avenida de Vigo contará cun só carril de saída da cidade e beirarrúas máis anchas mentres que o novo vial, que aínda carece de denominación, disporá de dous carrís de entrada e un de saída, ademais dunha senda peonil.
Relacionadas:
-
O desdobramento da Avenida de Vigo avanza a "un ritmo espectacular"
Por Diego Espiño |
-
Os veciños coñecerán en setembro as melloras na Avenida de Vigo
Por Redacción |
-
Comezan as obras para o desdobramento da Avenida de Vigo
Por Redacción |
-
Ratifican a adxudicación a Covsa e EC Casas das obras de desdobramento da Avenida de Vigo
Por Alejandro Espiño |