Xuntanza da Corporación dos 90
Por Redacción
Como cada último venres de novembro, puntuais á súa cita, un grupo de concelleiros da corporación pontevedresa do 91 ao 95 reuníronse no Hotel Comercio para lembrar vivencias.
Acudiron Javier Cobián, Bernardo López Abadín, Ernesto Baltar, José Acuña Sastre, Branca Rodríguez, José María Picallo, Maica Larriba, María Adrio, Manuel Durán Couto, Eugenio Jiménez Passolas, Fulgencio López, Manolo Vidal, Javier Pazos, Fernando Morquecho e Camilo Garrido. Acompañados algúns deles polas súas parellas.
Ao rematar aquel mandato no ano 1995 xuntáranse por primeira vez, curiosamente acudiron todos, menos os edís do Bloque Nacionalista Galego, que xa nunca máis participaron desta feliz tradición.
Os 25 concelleiros da Corporación do 91 estaban presididos polo alcalde, Javier Cobián. Polo Partido Popular eran Bernardo López Abadín, Tomás Iribarren, Fernando Gago, Ernesto Baltar, Fulgencio López, José Acuña Sastre, Francisco Javier Rial, Manuel Vidal, Branca Rodríguez, Fernando Morquecho e José María Picallo.
Polo PSOE, Roberto Taboada, Eugenio Jiménez Passolas, Camilo Garrido, Maica Larriba, José Manuel Estévez e María Adrio.
Polo BNG, Miguel Anxo Fernández Lores, César Mosquera, Raimundo González e Salomé Álvarez.
Finalmente completaba a corporación Convergencia Nacionalista Galega con Edelmiro Barreiro, Germán de la Iglesia e Manuel Durán Couto.