Viaqua obtén unha certificación internacional de seguridade alimentaria pola súa xestión integral da auga
Por Redacción
ViAQUA é a primeira compañía xestora de abastecementos municipais de auga en Galicia que obtén a certificación internacional ISO 22000 de seguridade alimentaria e control da inocuidade da auga potable pola súa xestión nos abastecementos ás cidades de Pontevedra, Santiago de Compostela e Ourense. Deste xeito, ViAQUA se anticipa ás esixencias legais do futuro coa certificación dos procesos de produción de auga urbana garantindo a súa calidade e salubridade de acordo cos criterios aplicables á industria alimentaria.
A norma UNE-EN ISO 22000 especifica os requisitos que debe cumplir un sistema de xestión para asegurar a inocuidade dos alimentos ao longo de toda a cadea alimentaria ata o punto de venda como de consumo final. Esta norma incorpora os conceptos de Análises de Perigos e Puntos de Control Críticos (APPCC) de seguridade alimentaria nun estándar global certificable e recoñecido internacionalmente que é completamente integrable con outros sistemas de xestión.