Cindy e Cata, de Pontevedra á elite mundial dos campionatos caninos
Por Mónica Patxot & Natalia Puga
'Ocobo Catalina La Grande' é a cadela bulldog inglés máis premiada da historia. Gañadora do Campionato Mundial Canino de Budapest (Hungría) en 2013, nos dous últimos anos erixiuse en campioa de Europa, Francia, España, Portugal, Hungría, Xibraltar e Marrocos e este domingo foi premiada como 'Best in Espectáculo' no Absoluto de Adultos do Concurso Canino Isla de la Toja do Grove. Comparte vivenda con 'Boston Style Choice the Best', unha boston terrier que lle colleu o relevo como campioa do mundo o 10 de agosto en Helsinki (Finlandia) e que xa é campioa nova Ibérica e de España, Portugal e Hungría. Ao igual que a súa compañeira, fixo historia, no seu caso, ao ser a primeira campioa nova ibérica.
Ambas as dúas teñen un mesmo coidador e dono, Juanma López, propietario da tenda Elite Dog da praza de Barcelos cuxo amor polos animais lle levou a ter na súa casa de Barro ata 20 mascotas, catro delas dentro da propia vivenda e o resto nun recinto habilitado a propósito para eles, no que a maioría viven libres e que coidan permanentemente dous empregados.
Juanma López non oculta o seu orgullo polas súas dúas campioas actuais, 'Boston Style Choice the Best' (coñecida como Cindy) e 'Ocobo Catalina La Grande' (Cata no seu nome familiar), pero fala co mesmo cariño de todas as súas mascotas. Entre elas hai un bo número de campións, tantos que xa non ten sitio para os trofeos nos estantes da súa tenda nin na súa casa e algúns os almacena nun número de caixas que xa nin recorda.
Nos últimos catro anos gañou cos seus cans todas as exhibicións celebradas en Galicia, ningún coidador tivera ata agora dous campionatos do mundo dous anos consecutivos e asegura con orgullo que "de cada 10 o 12 exhibiciones hay una que no gano", pero no resto os seus cans conseguen o podio. Como exemplo, hai dous anos levou ao campionato de Estoril un can para competir en cada clase e "los gané todos". O segredo de ter almacenado tal cantidade de trofeos? A cantidade de exhibicións e campionatos aos que acode ("en lo que va de año he tenido uno todos los fines de semana") e "la calidad de mis perros".
A nómina de recoñecementos non é casualidade. Juanma e a súa muller Maite Solla perseguen a perfección en todos os cans que adquiren, crían e adestran para as súas competicións. A Cindy, de 15 meses, comprouna en Rusia, o país no que, xunto con Estados Unidos, se dan os mellores boston terrier. A Cata foron a buscala hai tres anos a Inglatera, de onde son os bulldog ingleses, e o seu dono presume de que foi recoñecida pola 'Folkestone Hythe and District Canine Society' de Reino Unido, isto é, en el país de la raza ha ganado la raza.
E é que, no mundo dos campionatos caninos o segredo é "como en los caballos, el perro tiene que ser muy bueno, lo importante es la calidad del perro". Para logralo, ademais de perseguir polo mundo adiante os mellores pedigree, coida ao máximo a súa alimentación dende que chegan ás súas mans, pois "la alimentación es lo más importante, sobre todo en razas como las de estas dos (Cata e Cindy), para que tengan la piel y el pelo en buen estado". Cando son cachorros adéstraos a diario para que aprendan como comportarse e presentarse ante o xurado de cada campionato, pero, unha vez que xa o asimilaron, só é necesario que llelo recorda cun día á semana de traballo: "el entrenamiento importante es cuando son cachorros y luego les doy un toque".
Cata é "lo más próximo al estándar que hay compitiendo en la actualidad"
Nos campionatos caninos valórase que o can se achegue o máximo posible aos stándares da súa raza, que fixa a Federación Canina Internacional para establecer "cómo tiene que ser el perro". O bulldog inglés é "la raza más difícil del mundo", da que "los especialistas dicen que ocupa el espacio de los posibles porque todo lo que es defecto en otra raza, es virtud en esta". Juanma conseguiu que a súa cadela Cata sexa "lo más próximo al estándar que hay compitiendo en la actualidad" e recoñece que non é sinxelo porque neste mundo canino "hay mucha competitividad".
Se é o caso, asegura non deixarse levar por esa competitividad, senón por un amor aos cans que descubriu cando era só un cativo e que agora lle leva a percorrer 10.000 quilómetros en coche ata Helsinki só polo pracer de que se considere ao seu can o mellor e a gastarse centos de euros en cada competición sen chegar a gañar nada diso.
Malia a concepción xeneralizada de que a este tipo de exhibicións se acode para gañar diñeiro, explica que "en esto no te llevas ningún premio en metálico", máis ben todo o contrario, pois ten que pagar a inscrición (chegan a ser 90 euros por mascota), desprazamentos por todo o mundo (no seu caso habilitou unha furgoneta Mercedes Viano con tres climatizadores para garantir ao can as mellores condicións nos seus longos percorridos), aloxamentos e días dedicados só a competir. Mesmo "el año pasado, por ganar un mundial, tuve que pagar 20 euros por el diploma". A recompensa? "El cariño de mis perros".