Ao goberno local de Marín éntranlle as presas
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno Local do Concello de Marín acordou adxudicar a Construcións Crespo as dúas obras pendentes do Plan Arela: a ampliación do aparcamiento da praza de España e a remodelación da contorna urbana do río Lameira. Cun investimento global de 300.000 euros.
As obras do Plan de Mobilidade Arela deben estar terminadas antes do 31 de decembro para evitar perder os Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (Feder) que cofinancian o Arela nun 80%.
Ademais a Xunta de Goberno Local envirá a liquidación do orzamento de 2011, para recuperar os fondos do Estado retidos ao Concello de Marín por non ter ao día as súas contas.
A retención por parte do Ministerio de Facenda de 321.000 euros, polo incumplimiento dos prazos, debeuse á "desorde e o descontrol que houbo ata agora coas contas", explicaron desde o grupo de goberno.