Pontevedra, á caza de cruceiristas
Por Redacción
Turismo Pontevedra, empresa municipal de turismo dependente da concellaría de Promoción Económica, puxo en marcha este mes de setembro unha campaña promocional destinada a captar turistas de cruceiros no Porto de Vigo.
A inicitiva desenvolverase durante todo o mes, con dúas persoas contratadas por Turismo Pontevedra repartindo a pé de buque folletos con información da cidade de Lérez, especialmente no referente a conexións ferroviarias e a oferta turística.
O obxectivo é tratar de incentivar aos cruceristas para que se acheguen a pasar o día á capital da provincia.
Segundo a concelleira de Promoción Económica, Carlota Romá, durante setembro 20 cruceiros farán escala en Vigo, que espera a chegada de 40.000 persoas entre pasaxe e tripulación.
Relacionadas:
-
Pontevedra intenta posicionarse como destino de excursións dos turistas de cruceiro
Por Redacción |
-
Promoción Económica busca fórmulas para aumentar a captación de cruceiristas chegados a Vigo
Por Redacción |
-
As oficinas de información turística da cidade recibiron en agosto 21.727 visitantes
Por Redacción |
-
Os hoteis de Pontevedra superaron o 85% de ocupación durante a primeira quincena de agosto
Por Anxo Lourido |