Chegan a Marín os novos "botón de ancla"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
Co pantalón curto propio do verán, camisetas e peiteados impropios dun militar, cincuenta ilusionados mozos iniciaron este luns a súa andaina na Escola Naval de Marín.
Son 40 alumnos de Corpo Xeral e 10 do Corpo de Infantería de Mariña, que un a un, foron chamados polo seu nome para cruzar a porta de Carlos I e deixar atrás ás súas familias.
Gloria e María del Carmen son as dúas únicas mulleres que se animaron a facer carreira militar.
A elas, do mesmo xeito que ao resto dos seus compañeiros, espéranlles cinco anos de formación nas Academias e Escolas de formación de Oficiais, no que respecta ao acceso á Escola Naval. O último en ingresar fíxoo cunha nota de 11,362 sobre 14, o que dá unha idea da gran esixencia que supón o ingreso e o elevado nivel de preparación co que acceden os candidatos unha vez superado o Bacharelato e a Selectividade.
Nada máis entrar no recinto militar os alumnos formaron filas por primeira vez. Acompañados pola banda de música da Escola os 50 mozos entraron no centro de formación onde o Comandante, Oficiais da Brigada e Brigadieres, déronlles a benvida.
Alén da reixa do recinto militar despedíanse emocionados os pais e a algunhas noivas dos novos internos.
A partir de agora iníciase un breve período de adaptación á disciplina militar que arrinca coa recollida do novo vestiario na sastrería cos famosos botóns de ancora, e a continuación unha visita ao perruqueiro.
25 ANIVERSARIO DA PROMOCIÿN DE FELIPE VI
O próximo día 26 de setembro celebrarase o 25 aniversario da promoción do Rei Felipe VI, coa tradicional xura de bandeira. Oficialmente non hai constancia, polo momento, de que o Xefe do Estado vaia a acudir a este acto.