Cortes parciais de tráfico durante luns e martes na estrada que une Carril e Vilagarcía
Por Redacción
O asfaltado da estrada que une Carril e Vilagarcía provocarán cortes parciais de circulación durante este luns, día 1 de setembro, e o martes 2.
As obras, contratadas pola Xunta de Galicia á empresa Taboada e Ramos como paso previo ao cambio de titularidade da vía, que pasará a ser municipal, desenvolveranse dende as 8:00 horas da mañá ata as 20:00 da tarde nun tramo de tres quilómetros entre a glorieta de acceso á circunvalación en Bamio ata a Praza da Constitución.
Os traballos consistirán no fresado da vía e o posterior asfaltado, pero manterase aberto un carril alternando a circulación en ambos os dous sentidos.
A Policía Local de Vilagarcía prevé que os maiores problemas de tráfico se concentren entre as 8:00 e 12:00 horas, sobre as 15:00 da tarde e a partir das 19:00 horas, polo que recomenda na medida do posible se evite utilizar as rúas Valentín Viqueira de Carril e a Avenida Rosalía de Castro, utilizando a circunvalación para entrar ou saír de Vilagarcía.