Santa María de Sacos recupera dous cruceiros danados en 2012
Por Redacción
O Concello de Cotobade recuperou os dous cruceiros de Santa María de Sacos que resultaron danados por actuacións vandálicas hai dous anos.
Os traballos concluíron tras o investimento municipal de 7.139 euros, que permitiron unha limpeza a fondo das estruturas e a unión dos fragmentos desprendidos.
A parroquia de Santa María de Sacos celebrou este feito cunha serie de actos, que empezaron cunha misa á que asistiron, ademais do alcalde Jorge Cubela, a deputada provincial Ana Isabel Vázquez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o presidente da Mancomunidade de Montes de Cotobade, José Puente.
Os traballos de conservación foron desenvolvidos por dous conservadores-restauradores arqueólogos, un conservador-restaurador de escultura, un mestre canteiro e un arquitecto.